O “Gran Libro dos Retratos de Animais”, do selo galego OQO Editora ven de ser galardoado cunha mención de honra pola Feira do Libro Infantil de Bologna, Italia. Na sección de Ficción dos premios outorgados por esta importante feira o libro escrito e ilustrado por Svejtland Junakovic (Zagreb, 1961) mereceu a atención do xurado, que aÃnda que non lle deu o premio quixo destacar a beleza da edición asà como a “ poética da narración visual, a sutileza do sentido de humor e o feito de nos facer revisitar a historia da arte a través da imaxinación e a fantasÃa creando un museo coma ningún outro existiu.” A editorial pontevedresa xa recibiu por esta obra o Primeiro Premio ao Libro Mellor Editado do 2007 polo Ministerio de Cultura, asà como un diploma de honra nos Premios Visual de Deseño de Libros. As imaxes orixinais do libro están actualmente expostas na Fundación Municipal de Cultura de Xixón despois de ter pasado por outros centros de arte, e na semana do Libro Infantil e Xuvenil -entre o 31 de marzo e 6 de abril- estarán no Centro UxÃo Novoneyra de Lugo.
Ver en LG3 a ficha do Gran Libro dos Retratos de Animais