Un libro escrito por Marilar Aleixandre leva o primeiro premio de Ilustración mentres Kalandraka faise co segundo

Premios de debuxo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
As ilustracións que Pablo Amargo fixo para o libro “O monstro da choiva” escrito pola galega Marilar Aleixandre, valéronlle o Premio Nacional á mellor ilustración do Libro Infantil e Xuvenil que concede cada ano o Ministerio de Cultura. Pola súa banda, a editora pontevedresa Kalandraka conseguiu o segundo premio coa obra “Pancho”, escrita e debuxada por Antonio Santos. A editora suma así este galardón ao que recibiu a comezos deste mes á obra mellor editada.

Máis información no web do Ministerio(en PDF); e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kalandraka, Marilar Aleixandre, Debuxo, Ministerio de Cultura...