Un libro de OQO Editora leva o segundo premio nacional de ilustración

Bocexos premiados

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A ilustradora Elena Odriozola foi recoñecida co segundo premio do Ministerio de Cultura a Mellor Ilustración de Libros Infantís e Xuvenís polas ilustracións do libro “A princesa que bocexaba a todas horas”, publicado por OQO Editora. A obra, escrita pola autora onubense Carmen Gil, foi editada no pasado mes de novembro do 2005 en galego, castelán, catalán e desde este mes de xuño está tamén dispoñible en portugués. Esta obra forma parte da colección O de OQO Editora, destinada para nenas e nenos de entre tres e sete anos. A editorial pontevedresa, que leva menos dun ano de actividade, suma este recoñecemento ao seu palmarés despois de ter conseguido que un dos seus libros entrase no catálogo White Ravens.

Máis información no Ministerio de Cultura
e a ficha en Lg3 do libro premiado

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con OQO, Ministerio de Cultura, Carmen Gil, Portugués...

Claves

Protagonistas
Conceptos