Kalandraka e OQO entran un ano máis na prestixiosa lista de libros infantís The White Ravens

Sempre corvos

27/3/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A versión orixinal en casteláns de “O sorriso de Daniela”, publicado por Kalandraka e “Ovos duros”, publicado por OQO son os dous libros da nosa produción editorial infantil que veñen de ser seleccionados para estar no listado The White Ravens. Esta prestixiosa lista de 250 libros organizada desde a Biblioteca Internacional da Xuventude, en Munich, selecciona cada ano as mellores publicación deste eido en máis de 30 linguas. As obras da lista formarán parte dunha exposición durante a Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña (Italia) entre o 31 de marzo e o 3 de abril, ademais incluiranse nun catalogo que se difundirá por todo o mundo. As dúas editoriais participaran tamén da feira de Boloña con expositores propios, no de Kalandraka presentarase o vindeiro 2 de abril a obra galardoada co I Premio para Álbumes Ilustrados Compostela, que se fallará no mesmo día en Santiago. Pola súa banda OQO Editora recibirá tamén una Mención de Honra do Bologna Ragazzi Award.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kalandraka, OQO, Feira, Boloña...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares