O CGAC expón a produción conxunta de Concha Jerez e José Igés

En 'Resignificacións' ambos artistas amosan obras realizadas entre 1989 e 2023

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Concha Jerez / José Iges: "Arenas movedizas", 2008. Foto: Concha Jerez

Concha Jerez / José Iges: "Arenas movedizas", 2008. Foto: Concha Jerez

Ata o vindeiro 7 de setembro a planta baixa, primeira planta e dobre espazo do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acollerá a exposición 'Resignificacións', que amosa a produción en común de Concha Jerez (Las Palmas de Gran Canaria, 1941) e José Iges (Madrid, 1951). Con relevantes traxectorias individuais ambos artistas desenvolveron de forma paralela, desde hai máis de tres décadas, unha produción común que se contamina e se enriquece na diferenza das súas respectivas linguaxes. A partir do concepto de resignificación, esta mostra conxunta reúne obras realizadas entre 1989 e 2023. Baixo esta idea, o que Iges e Jerez propoñen é, nas súas propias palabras, "unha operación que permite asignarlles a un obxecto, a un medio ou a unha situación calidades ata ese momento inesperadas, imprevistas". A través de imaxes fixas e en movemento, obxectos reutilizados, sons cotiáns, fotografías, entrevistas, obras ideadas para radio, videoperformances e documentos —moitos deles procedentes dos medios de comunicación e o seu ruído—, Jerez e Iges compoñen unha especie de paisaxes visuais e sonoras que analizan, tensan, describen e ás veces parodian o mundo que nos rodea. Trátase dun traballo no que conflúen linguaxes que, como o vídeo, a performance, a arte radiofónica ou as instalacións ampliaron as prácticas artísticas tradicionais.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Nada se passa no CGAC

Nada se passa no CGAC

O Centro de Arte Contemporánea amosa o traballo de Fernando J. Pereira

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medios de comunicación, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Madrid