Onte presentouse o primeiro número da revista Foro Galicia e Valle Inclán, motivada, segundo XaquÃn del Valle Inclán Alsina, neto do escritor e responsable da edición cientÃfica da revista pola "necesidade de promover a salvagarda do rigor, o estudo das fontes contemporáneas e a divulgación do fenómeno cultural valleinclaniano alén de cativos localismos impropios ao ronsel dun artista universal". A revista é a nova actividade da entidade homónima, tamén presidida por XaquÃn del Valle Inclán e con Antonio González Millán, director do Museo Valle Inclán da Pobra do Caramiñal, na directiva. O primeiro número ofrece un artigo de Herminio Valdecañas sobre a amizade entre Rubén DarÃo e Valle Inclán e a edición dos manuscritos que a testemuñan, un traballo do médico vilagarcián VÃctor viana sobre Pedro Seoane Varela, ou un traballo de XaquÃn del Valle-Inclán sobre "Epitalamio. A crÃtica e un dó non celebrado".
Quiosco: primeiro número de Foro Galicia e Valle Inclán
A revista estará dedicada a estudos sobre o escritor e o seu impacto
