Unha peza de vídeo documental de quince minutos a explicar o proceso polo que restaurou en 2024 o mecanismo do botafumeiro. Esta é a proposta que a Catedral de Santiago acaba de publicar nas súas redes e que amosa polo miúdo as actuacións que se desenvolveron nesta peza deseñada no século XVII. O vídeo explica polo miúdo o funcionamento deste sistema, composto por dous tambores e un eixe, que facilita o movemento pendular do grande incensario.
A través de imaxes, recreacións en tres dimensións e entrevistas con arquitectos, técnicos e artesáns que participaron no proxecto, o vídeo repasa a problemática do elemento e mais o labores que foron necesarios para a súa posta a punto. Segundo se apunta na peza, ao inspeccionar o conxunto detectáronse danos na estrutura metálica que sostén o botafumeiro no seu voo, ademais de folguras, fendas e desaxustes no mecanismo, nalgúns casos provocados polo roce da corda que se emprega para provocar este movemento.
Encol destas actuacións, a Catedral sinala que "a pauta xeral foi devolver os elementos danados ou alterados á súa conformación e aparencia orixinal alí onde era posible, e introducir os elementos novos imprescindibles para asegurar a súa resistencia e estabilidade". Deste xeito traballouse tanto nas pezas metálicas, como o eixe e os rodamentos, como na madeira, a incluír a recuperación da policromía orixinal dos tambores.