O modelado 3D do reloxio da catedral de Santiago, referencia internacional

Foi elaborado polo equipo da exposición Galicia 100

| Santiago. Redacción | Seccións: PatrimonioExposicións
Compartir:
Fotograma do modelo 3D

Fotograma do modelo 3D

Dentro do proxecto expositivo Galicia 100 do Consello da Cultura Galega, elaboráronse varios modelos 3D de alta resolución de algunhas das pezas de máis difícil acceso, para que calquera persoa poida aprecialas. O equipo, composto por Patricia Mañana Borrazás e Alejandro Güimil Fariña, apoiados por Pablo Aparicio Resco, atopouse co resto máis difícil no reloxio da Berenguela da Catedral de Santiago de Compostela, unha maxistral peza elaborada en Ferrol por Antelo. Tras moitísimas horas de traballo, o modelo 3D permite comprender o complexo mecanismo do reloxio e explorar o seu interior. O sofisticado acabado da peza fíxoa merecente do "staff pick", o exclusivo galardón polo servizo de distribución de 3D Sketchfab, e que fará que a peza sexa máis coñecida no mundo. O reloxio orixinal na Catedral de Santiago non é de acceso público.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A nova medida da vida

A nova medida da vida

Coñece en profundidade o reloxio da Catedral de Santiago en Galicia 100

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Catedral de Santiago, Consello da Cultura Galega, Ferrol...