O presidente de RTVE, José Pablo López, confirmou a pasada semana na súa primeira comparecencia de Control Parlamentario ante a comisión mixta (Congreso- Senado) os avances en introducir as diversas linguas do estado nas emisións duais da canle de contidos infantÃs, Clan TV. AsÃ, asegurou que antes da fin deste mesmo ano estará dispoñibles as emisión en catalán, mentres que xa están a traballar nas que ofrecerán á cativada a posibilidade de seguir as súas series e programas en éuscaro e en galego, aÃnda sen data concretada. En resposta ao anuncio A Mesa pola Normalización LingüÃstica pide "celeridade nos procesos" para que a rapazada galega teña "os mesmos dereitos de acceso a contido audiovisual na súa lingua que as do resto do Estado".