O Goberno prepara unha lei para que os cidadáns se poidan comunicar na súa lingua coa Administración Central

A maior parte das escasas queixas ante a Oficina para as Linguas Oficiais foron sobre o galego

23/9/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: lingua
18 lecturas | Compartido 0 veces

Conseguir que os cidadáns se poidan comunicar coa administración do Estado na súa propia lingua é un dos obxectivos da lei na que traballa o Executivo. Así o confirmou Manuel Chaves, vicepresidente terceiro do goberno, no Congreso do Deputados. O que non especificou foi con qué organismos se fará efectivo ese uso das linguas cooficiais (galego, catalán e éuscaro). Ademais, Chaves afirmou que na Oficina para as Linguas Oficiais correspondente a 2009 só se recibiron 8 queixas sendo a maioría delas relativas ao galego.


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Chaves, Lingua galega

Claves

Protagonistas
Conceptos