Unha viaxe hipnótica ao redor da queimada

O CCG publica os carteis da Queimada Popular de Cervo ilustrados por Xosé Vizoso

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Carteis de Xosé Vizoso para a Queimada Popular de Cervo. Fonte: A.C. Airiños do xunco

Carteis de Xosé Vizoso para a Queimada Popular de Cervo. Fonte: A.C. Airiños do xunco

Entre as múltiples facetas ilustradoras e deseñadoras de Xosé Vizoso está a dunha singular colección: os carteis que desde o ano 1994 leva deseñando para a Queimada Popular de Cervo, un singular evento festivo declarado de interese turístico que se iniciou en 1978. O conxunto de 27 carteis permite observar moitos dos trazos da arte de Vizoso: as composicións complexas e hipnóticas, cun ritmo interior, as cores rechamantes, a conexión coa tradición do deseño galego que entronca con Castelao e que continuou nos seus traballos en Sargadelos. Os carteis foron cedidos pola asociación cultural Airiños do Xunco, promotora da Queimada de Cervo, e o especial acompáñase cun artigo de Francisco Piñeiro sobre as orixes da festividade. O Día da Ilustración Galega está promovido pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI)

Que che parece esta nova?
169 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Xosé Vizoso, o artista agochado

Xosé Vizoso, o artista agochado

O Día da Ilustración reivindica un creador que marcou coas súas propostas icónicas a paisaxe cultural do país

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cervo, Xosé Vizoso, Castelao, Día da Ilustración...