Logo dun primeiro ano de actividade no que sumaron 14.300 persoas usuarias, o programa de bibliotecas móbiles da Xunta, a furgoteca, acadou na súa segunda edición case 10.000 visitantes máis. Asà o anunciou o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, na súa visita a un destes vehÃculos no Concello de Verea este mércores 28. Verea é un dos concellos ourensáns que acolle a terceira ruta deste programa itinerante, anunciada inicialmente para o pasado setembro pero que aÃnda se puxo en marcha este mes de xaneiro.
Segundo detallou Lorenzo, o programa atendeu nesta provincia un total de 10.272 visitantes, a realizar máis de 9.900 préstamos e con 159 actividades de dinamización desde a súa posta en marcha. Pola súa banda, o circuÃto pola provincia de Lugo contou con preto de 14.000 visitantes, fixo máis de 19.000 préstamos e celebrou 248 propostas de lecer.
As rutas do programa visitan dúas veces ao mes cada un dos concellos participantes, todos eles con menos de 2.000 habitantes e situados no rural de Lugo e de Ourense. O equipamento visita nunha destas xornadas unha localización con maior afluencia de público, como feiras, mercados, centros de saúde, pavillóns de deporte ou centros socioculturais, e na outra percorre as aldeas da zona.