A poesía que nace da censura

O IES San Clemente organiza un concurso de "poesía escurecida" ao redor do Sempre en Galiza de Castelao

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O IES San Clemente de Santiago de Compostela está a organizar un concurso de "poesía escurecida" en homenaxe a Castelao no 75º aniversario da súa morte. Trátase de compoñer un poema a partir da censura de partes do texto dalgunha das páxinas do Sempre en Galiza, a principal obra política de Castelao. "Para participar no premio débese fotocopiar unha páxina do Sempre en Galiza e ir riscándoa de xeito que só fiquen ao descuberto algunhas palabras que confomen un novo texto, diferente ao que existía na orixe". A acción se relaciona coa censura que sufriu o texto de Castelao durante o franquismo. O prazo de participación remata o 30 de xaneiro e o galardón son 100 euros no primeiro premio e 75 euros no segundo, acompañados de cadanseu lote de libros en galego. Establécense tres categorías, dúas para estudantes e unha para público xeral.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Poesía, Sempre en Galiza, Morte...