Bernardino Graña. Fonte: AELG. Autoría: Xoán Carlos Gil (2005)
Un acto de pasamento laico despedía este domingo 19 de xaneiro a Bernardino Graña. O coñecido como poeta do mar falecía na véspera aos 92 anos de idade en Nigrán. O coñecido como poeta do mar conta cunha extensa obra literaria que, alén da lírica, abrangue tamén o teatro e a narrativa, con títulos tanto para público adulto como de literatura infantil e xuvenil.
Graña, catedrático de lingua e literatura en secundaria, desenvolveu múltiples colaboracións en diferentes medios de comunicación ao longo da súa vida e mantivo un constante activismo a prol da lingua e da cultura do país.
Membro da coñecida como xeración das Festas Minervais, Graña participou na fundación do grupo Brais Pinto, que traballaba a prol da cultura galega desde Madrid. Tamén foi membro fundador da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega (AELG), entidade que o nomeou presidente de honra. En recoñecemento á súa carreira, a Real Academia Galega fíxoo membro de número en 2010, e recibiu o Premio da Cultura Galega de 2021 e o Concello de Cangas nomeouno fillo predilecto no ano a seguir.
Entre outras, destacan na súa traxectoria obras como Profecía do mar (1966), Non vexo Vigo nin Cangas (1975), Se o noso amor e os peixes... (1980), Sima-Cima do voar do tolo (1984), Himno verde (1992), ou Luz de novembro (1997), entre outros títulos de poesía.