Nace a primeira empresa cultural xestada na Universidade da Coruña

Artefacto Educación dedicarase a proxectos arteducativos, prácticas curatoriais e de mediación artística, educativa e cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Co nome de Artefacto Educación SL a Universidade da Coruña (UDC) acaba de presentar a que é a súa primeira empresa spin off nada da entidade. Segundo explica a entidade, o proxecto xestouse no Departamento de Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, co apoio da Oficina de Transferencia de Coñecemento (OTC) da UDC.

O coordinador do proxecto é o profesor José María Mesías Lema, da Área de Didáctica da Expresión Plástica. O obxectivo da empresa é "a transferencia de coñecemento a través do desenvolvemento de proxectos arteducativos, prácticas curatoriais e de mediación artística, educativa e cultural". Canda a issto, segundo informa a Universidade, "a spin-off ofrecerá formación e capacitación nestes ámbitos, e sitúase nunha parte fundamental entre a Universidade e a sociedade, apostando pola divulgación da cultura científica".

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Universidade da Coruña

Claves

Conceptos