O estudo Os lindes parroquiais do Concello das Pontes de GarcÃa RodrÃguez segundo o catastro de Ensenada (1752), de Iago Isasi e David Pereira acaba de se facer co IX Premio de Investigación Hume que convoca a asociación homónima das Pontes co apoio do Concello e da Deputación da Coruña.
O galardón, dotado con 2.000 euros en metálico, recoñeceu esta investigación na que os autores analizan a organización territorial do concello no século XVIII, realizando unha recuperación de toponimia que recolleu máis de 200 nomes de lugar. Entre os localizados no estudo hai lugares hoxe desaparecidos que ocupaban o actual espazo da entulleira da mina e do actual lago.
Canda este premio, o xurado outorgoulle o segundo premio, dotado con 1.000 euros, a Cristina Souto polo seu traballo Rabuñan as voces, no que fai unha investigación sobre o crime das Barosas, o asasinato dunha familia da zona o 22 de agosto de 1936. O palmarés desta edición complétase co accésit concedido a Javier Barcón por Un pueblo alrededor de una plaza, onde analiza la historia y la evolución de la Praza do Hospital da vila. O autor recibirá un premio de 200 euros.