O 23 de abril comezou a Semana da BD das Pontes.

BD nas Pontes

O 23 de abril comezou a Semana da BD das Pontes, organizada polo Concello. Nela expóñense os traballos do I Certame Galego de Imaxe Artística categoría cómic, que percorrerá despois outras localidades galegas.

Ademais desta exposición, poderá verse o excelente traballo de Primitivo Marcos e a súa "Aventura no camiño de Santiago", e outra mostra sobre o Xabarín e os Vixilantes Camiño. Todas elas a disposición do público na Sala de Exposicións da Casa Dopeso, de luns a venres desde as seis e media ás oito e media da tarde de luns a venres e entre as once e media e a unha e media os sábados.



A sala de exposicións do Mercado Vello acolerá pola súa banda unha mostra sobre o álbum "Cita na Habana" de Fran Jaraba, recentemente editado por Xerais. Ademais, os debuxantes das Pontes, Barcala, Boyerel e Vasco, amosarán os seus traballos no eido da ilustración.



Durante toda a semana haberá unha bedeteca móbil instalada na Biblioteca Municipal, onde ademais de celebrar o martes un obradoiro de lectura.



A animación estará representada nestas xornadas coa proxección e filmes coma "Tintín e o lago dos tiubrións", "Os vixilantes do camiño" ou "Popeye" no Salón de Actos da Casa Dopeso. Este local tamén acollerá o sábado, día en que pecha a Semana, un obradoiro de banda deseñada aberto a todos os que queira participar e teñan máis de quince anos.