O papel pedagóxico das radios a debate no congreso Pontes de Cultura, pontes de futuro

Un documental, un libro-disco e un concerto celebrarán os quince anos desta iniciativa

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

A educación, a innovación, o patrimonio, a cultura, as tecnoloxías de comunicación e da información e os medios. Son os distintos aspectos que pretende abordar o congreso internacional Pontes de Cultura, pontes de futuro que comeza hoxe no Verbum de Vigo. A cita está organizada por Ponte nas Ondas, unha entidade que xurdiu da experiencia de radio interescolar entre Galicia e o norte de Portugal que cumpre quince anos de traballo. E para festexalo, no marco do congreso presentarán un documental, un libro-disco e un concerto do que foi a súa actividade nestes tres lustros. O congreso desenvólvese ata o domingo e participarán relatores como o xornalista Manuel Campo Vidal, Xerardo Pereiro, Antonio Reigosa ou a antropóloga canadiense Sharon Roseman.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Xerardo Pereiro, Antonio Reigosa, Educación...