Ponte... nas ondas! compila o seu traballo nun libro-CD-DVD

Na ponte inclúe textos, bandas deseñadas, cancións e audiovisuais

4/12/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Capa de Na ponte

Compilar o traballo da iniciativa Ponte... nas ondas! nun volume non é sinxelo. Os coordinadores deste proxecto educativo de comunicación presentaron a pasada fin de semana, no marco do Culturgal, Na ponte, un libro-CD-DVD que amosa unha pequena parte do material producido neste tempo. No apartado sonoro, poden escoitarse vinte e tres cancións que fixeron parte desta iniciativa, da man de artistas como Xosé Manuel Budiño, Lenine, Timbila Muzimba, Xoan Curiel, SocorroLira, Aline Frazao ou Luís Pastor. A nivel audiovisual, está dispoñible o documental Pontes nas ondas ou os videoclips realizados en diferentes edicións, así como unha escolma de narración oral.

O libro, pola súa banda, recolle as sinopses dos relatorios do Congreso Internacional Pontes de cultura, pontes de futuro canda a un resumo da historia da iniciativa.

O proxecto, desenvolvido da man de PAI Música, continúa cunha serie de emisións radiofónicas ao vivo que se desenvolverán por Galicia e o Norte de Portugal da man de Xurxo Souto, e que botaron a andar este domingo no Culturgal.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con DVD, Manuel Budiño, Budiño, Culturgal...