Xabier Díaz reivindica o legado das cantareiras publicando medio cento de vídeos de recollidas

O músico irá publicando cada venres unha das gravacións feitas entre 1989 e 2011

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
Xabier Díaz  Foto: Carlos Abal

Xabier Díaz Foto: Carlos Abal

Xabier Díaz implícase de cheo coa homenaxe que este ano o Dia das Letras galegas fai á cantareiras e comezará desde este venres a publicar cada semana nas súas redes sociais unha serie de vídeos das súas recollidas da música tradicional e o patrimonio oral. Serán en total 54 entregas, correspondentes a traballos seus de investigación e recollida levados a cabo durante 22 anos, entre 1989 e 2011. Estes máis de medio cento de vídeos son tan só unha escolma dun enorme traballo que fixo que inclúe máis de 500 gravacións levadas a cabo nas catro provincias galegas e tamén en zonas limítrofes de Asturias, Zamora e León. A primeira entrega será un vídeo gravado en 1989 na parroquia de Moscoso, en Pazos de Borbén. E no que as irmás Rosa e Aida Garrido, interpretan o 'Canto de sachar o millo'

Que che parece esta nova?
127 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xabier Díaz, Zamora, León, Asturias

Claves

Protagonistas