
O músico presenta este cancioneiro como "unha pequena pinga no tempo" polo seu ámbito temporal pero explica que "non por iso ten menos interese ou valor e mesmo trae descubertas e apuntes aos que non se lles tiña prestado atención, por difÃcil que poida parecer". DÃaz apunta que o corpus do cancioneiro "dun paÃs cantor e lÃrico por excelencia coma o noso, viaxou na memoria de miles de mulleres, xeración tras xeración ao longo do tempo, sen que poidamos atrevernos a datar o momento iniciático de tan fabulosa viaxe". A transcrición dos textos lÃricos das case cincocentas entrevistas que foron realizadas ao longo de trinta anos de camiño, vén adornada de anécdotas, sorpresas, e fantásticas historias das propias informantes, protagonistas tamén das fotos, e dunha morea de rexistro sonoros orixinais das compilacións, que redimensionan o concepto de cancioneiro, dándolle una dimensión próxima á experiencia que DÃaz viviu en primeira persoa.