Pablo Carpintero doa o seu arquivo musical ao Museo do Pobo Galego

Son máis de 700 horas de gravacións de Galicia, Portugal, Zamora e Asturias

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O musicólogo Pablo Carpintero é un dos especialistas en música tradicional con máis traxectoria do país, con numeroso traballo de campo. E onte anunciou no seu facebook a doazón das súas gravacións de campo ao Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (POI) do Museo do Pobo Galego. Son máis de 700 horas de gravacións do que o propio Pablo Carpintero define como "un dos maiores arquivos da Península Ibérica". Segundo o investigadore, o acordo de doazón inclúe a dixitalización e a súa posta a disposición para acceso público.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pablo Carpintero, Museo do Pobo Galego, Zamora, Asturias...