A coincidir co 200 aniversario do seu nacemento a escritora Avelina Valladares Núñez (A Estrada, 1825 - 1902) será a protagonista do ano cultural de A Estrada.Segundo ven de presentar o Concello, ao longo de 2025 levaranse a cabo ata 8 actividades para render homenaxe e poñer en valor a vida e obra desta muller que destacou como escritora e tamén foi activa no eido da música. Desde o Concello indica que a autora é unha grande descoñecida fóra da Estrada e só lembrada pola súa relación como irmá de Marcila Valladares, situación que queren corrixir con esta celebración. A primeira actividade do Ano Cultural Avelina Valladares terá lugar en marzo coa presentación do texto teatral 'Os seráns de Vilancosta', do dramaturgo Santiago Cortegoso e editada por Galaxia. Xa no mes de abril estrearase un espectáculo musical co mesmo tÃtulo con base nesa dramaturxia. Nese mesmo mes tamén se presentará unha unidade didáctica para centros de ensino sobre a faceta literaria ou musical da autora , feita pola xornalista Laura Filloy. Haberá tamén un roteiro por espazos vencellados coa autora e que incluirá un concerto. Ademais durante o mes das letras, en maio, agasallaranse bolsas de tea coa imaxe da autora homenaxeada. En setembro unha xornada dedicada a Avelina repasará a súa vida e as súas facetas literaria, musical e xornalÃstica e cara final de ano a Casa das Letras inaugurará unha exposición sobre a autora que despois irá rotando polos centros de ensino locais para rematar no IES Avelina Valladares. Como despedida do Ano Cultural lanzarase un volume editado por Xosé Luna e publicado por Galaxia que reunirá toda a obra da coñecida como "Cantora do Ulla".