A USC custodiará os manuscritos literarios da casa de Vilancosta

A familia dos Valladares cede o arquivo familiar para a súa consulta aberta

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O casal de Vilancosta (Berres, A Estrada) foi unha das moradas dos Valladares, unha familia que no século XIX tivo un papel clave no Rexurdimento da lingua e cultura galegas, tanto con Marcial Valladares, autor da primeira novela en lingua galega, Maxina ou a filla espúrea como cos textos de Avelina Valladares. Tras un roubo sufrido no inmoble, que se atopa á venda, a familia propietaria, Valladares-Núñez, descendente dos escritores, cedeu á Universidade de Santiago os fondos para a súa catalogación e consulta en sala. Consérvanse varios manuscritos literarios inéditos non só de Marcial ou Avelina Valladares, senón tamén doutros membros da familia. Os descendentes escolleron a USC pola vinculación profesional de varios dos membros como profesores da universidade.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Marcial, Escritores, Rexurdimento...