Unha nova publicación reivindica o legado musical dos Valladares

Galaxia presenta A música dos Valladares. Retratos de familia, de Pablo Bernárdez e con ilustracións de Hortensia Fernández

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Unha nova publicación reivindica o legado musical dos Valladares

Co título de A música dos Valladares. Retratos de familia, a Editorial Galaxia acaba de presentar unha obra que repasa a traxectoria de Marcial Valladares a través do seu vencello coa arte sonora. Textos de Pablo Bernárdez e ilustracións de Hortensia Fernández componen este volumen no que se aborda tamén a relación da familia do autor coa disciplina musical.

Segundo sinala a editorial, esta obra "presenta textos alusivos á biografía dos compoñentes máis destacables desta familia ullá, e cada texto vai asociado a unha peza musical e a unha ilustración". As pezas están dispoñibles para descarga na rede en formato audio e mais en arquivos PDFs que recollen tanto as letras como as partituras. Está previsto que a obra chegue ás librarías a finais do mes de xaneiro.

A publicación fai parte dos diferentes esforzos que se están a dar nos últimos anos por reivindicar o legado sonoro desta familia, que se custodiou durante anos na Casa Grande de Vilancosta, na parroquia de Berres. Boa parte deste material publicouse na rede da man da Universidade de Santiago de Compostela.

O propio Bernárdez, e colaboración con Rubén Servide e Cibrán Seixo, botou a andar en 2021 o Proxecto Valladares para reivindicar o patrimonio musical deste investigador e escritor e mais da súa familia.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marcial, Editorial Galaxia, Marcial Valladares Núñez, Universidade de Santiago de Compostela