Lois Patiño e Iván Castiñeiras estrearán filmes no festival de Rotterdam

'Ariel' e 'Deuses de pedra' farán os seu primeiros pases neste evento internacional

'Ariel' e 'Deuses de pedra' farán os seu primeiros pases neste evento internacional
Imaxe de 'Ariel' de Lois Patiño
Imaxe de 'Deuses de pedra', de Iván Castiñeiras
Imaxe de 'Deuses de pedra', de Iván Castiñeiras
O International Film Festival de Rotterdam incluirá no seu programa deste ano dous filmes galegos que farán a lí a súa estrea mundial. Será o caso do filme 'Ariel', novo traballo de Lois Patiño, unha reinterpretación inmersiva da Tempestade de Shakespeare ambientada nas illas Azores. 'Ariel' é unha obra de teatro dentro dunha película, sobre unha actriz arxentina que desembarca nunha estraña e encantadora illa onde os seus habitantes transcenderon a personaxes shakespearianos. Lois Patiño adorna a súa última función con paisaxes acuáticas relucentes e terreos encantadores que aparentemente están posuídos por enerxías do outro mundo, difuminando a liña entre a realidade e a fantasía, forzando o paso do tempo a seguir sendo ambiguo. O filme incluirase na sección "Harbour" na que se dá acubillo a toda a gama de cine contemporáno que defende este encontro.

A outra presenza do audiovisual galego no festival será 'Deuses de Pedra', ópera prima de Iván Castiñeiras (Ourense, 1980), unha longametraxe documental rodada ao longo de 15 anos nunha comunidade rural situada na fronteira entre Galicia e Portugal. Esta produción galega, portuguesa e francesa presenta un compendio de relatos, personaxes e historias sobre as memorias e a forma de vida da comunidade. Céntrase arredor do crecemento de Mariana, unha nena de catro anos e como vai crecendo no entorno e aprendendo do mundo a través das historias e ensinanzas da súa mestra. O filme presentarase na sección "Bright Future" do festival, unha selección de óperas primas, caracterizadas por temas orixinais e cun estilo individual, que representan a vangarda del cine contemporáneo segundo o comité do festival. O evento comeza o día 30 de xaneiro.