Tres medallas das Belas Artes para tres mulleres

Ana Vallés, Chelo Loureiro e Encarna Lago acadan estes recoñecementos estatais polas súas traxectorias

26/12/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Consello de Ministros do día de Noiteboa deixou en Galicia tres das 38 Medallas de Ouro ao Mérito nas Belas Artes do ano 2024. Aprobada a proposta feita polo ministro de Cultura, Ernest Urtasun, son tres mulleres galegas as que reciben este ano estas distincións pola súa destacada labor nos seus respectivos traballos. A xestora cultural e xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, Encarna Lago ve recoñecido con esta medalla o seu traballo nesta institución "caracterizado polo impulso de proxectos de inclusión, accesibilidade e participación comunitaria no ámbito museístico", explica o ministerio. No eido das artes escénicas e audiovisuais as medallas con selo galego recoñecen a duas ferrolás. A dramaturga, directora de escena, bailarina, actriz e poeta visual Ana Vallés, cofundadora de Matarile Teatro é recoñecida polo seu labor pioneiro na creación de espazos "fundamentais para a difusión das artes escénicas contemporáneas en Galicia" como a Sala Galán ou o Festival en Pé de Pedra. O intenso e premiado traballo como produtora audiovisual de Chelo Loureiro tamén é recoñecido cunha Medalla de Ouro das Belas Artes polo ministerio. A produtora e directora cinematográfica ferrolá especializada en cine de animación. Fundou a produtora Abano Producións en 2007 e acadou catro premios Goya e seis premio Mestre Mateo na súa traxectoria. O ministerio sinala a súa faceta tamén como activista polo recoñecemento das mulleres dentro do campo audiovisual.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Belas Artes, Ana Vallés, Ouro...