A XXI edición do Premio Francisco Fernández del Riego de Xornalismo ten xa gañador. Diego Ameixeiras impúxose no certame que convoca Afundación co artigo "A metade do inverno vai fóra", publicado en La Voz de Galicia o 10 de febreiro de 2023. O galardón conta cunha dotación de 10.000 euros en metálico. Canda a Ameixeiras, foron finalistas do certame Xavier Lama por "Unha casa con alma de inverno", publicado en Mundiario e mais Antía Yáñez Rodríguez con "Medrar" que se puido ler en Luzes.
Pola súa banda, Luís Álvarez Pousa recollía este 17 de decembro o premio de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo. Este galardón, que convoca a Deputación de Ourense, recoñece desde este 2024 unha carreira no campo da comunicación cunha dotación en metálico de 4.500 euros. Segundo destacou o presidente da Deputación, Luís Menor, Pousa "foi un adiantado, un pioneiro para o xornalismo galego e ourensán entre as décadas dos 70 e dos 80. Contribuíu a abrir fiestras nos últimos anos do franquismo e nos primeiros da Transición". Desde entón, desenvolveu diferentes postos de responsabilidade dentro do Grupo Voz, profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago e investigador académico, ademais de dirixir a revista Tempos Novos.