A RAG compila a obra en galego de Francisca Herrera y Garrido

A autora foi a primeira muller que fixo parte da Academia

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Francisca Herrera. Fonte: RAG

Francisca Herrera. Fonte: RAG

A Casa Charry de Oleiros acollía na tarde de este 16 de decembro a presentación de Francisca Herrera y Garrido. Obra en galego. A Real Academia Galega edita este volume no que compila a totalidade de traballo na nosa lingua da que foi a primeira muller que se incorporou a institución.

A catedrática emérita da Universidade de Vigo Camiño Noia Campos correu coa edición crítica desta obra. Canda a ela, o sobriño neto da escritora, José Leoncio Areal actuou como editor do volume e elaborou unhas notas biográficas nas que afonda na relación epistolar que a autora mantivo co ensaísta francés Philéas Lebesgue entre 1920 e 1950.

Francisca Herrera, a quen se lle dedicou o Día das Letras de 1987, está considerada a primeira narrativa da nosa literatura coa súa novela Néveda, publicada en 1920. A obra actual recolle este título canda a outras publicacións de narrativa e poesía, a incluír varios textos aínda inéditos. Designada académica de número en 1945, a autora faleceu antes de dar lectura ao discurso de ingreso na institución, dedicado a Rosalía de Castro.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega, Oleiros, Narrativa, Camiño Noia...