Xohana Torres é escollida como nova incorporación á Real Academia Galega

A terceira muller

| Santiago.Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Xohana torres será a terceira muller na Real Academia despois de que o sábado a proposta do seu ingreso, feita por Xosé Luis Méndez Ferrín, Xosé Luis Franco Grande e Francisco Fernández del Riego, presidente da Academia, prosperase.

Unha incorporación anunciada

Nunha entrevista concedida recentemente, Fernández del Riego xa anunciaba a súa intención de promover a Xohana Torres como candidata para ocupar unha das cinco vacantes que ten a Academia. A proposta fíxose o sábado por parte do propio presidente, de Méndez Ferrín e de Franco Grande, sendo aceptada por unanimidade. Coa chegada de Xohana Torres, son xa tres as mulleres na Real Academia coa poetisa Luz Pozo Garza e a bibliotecaria Olga Gallego.


Unha carreira

Xohana Torres, nacida en 1931 foi unha das promotoras da renovación poética de finais dos anos setenta e un referente da poesía escrita por mulleres. Comezou a escribir candi aínda era alumna de Ricardo Carvalho Calero no instituto de Ferrol, sendo o destacado galeguista o que a animou a escribir en galego. O seu primeiro poemario, "Do sulco" apareceu en 1959, cun grande compoñente innovador no panorama literario da época. Ata 1980 no sae o seu segundo libro, "Estacións ao mar", que recibe o Premio da Crítica Española de 1981. En 1970 xa saíra "Adiós María", a súa única novela ata o momento. Ademais, durante os anos sesetna desenvolveu unha intensa actividade teatral no grupo ferrolán "Teatro Estudio", chegando a escribir dúas obras, "A outra banda do Iberr" e "Un hotel de primeira sobre o río". Ademais, entre as súas obras inclúense varios contos infantís e traduccións ó galego. A súa carreira extraliteraria comprende a realización de varios programas radiofónicos coma "Teresa" ou "Raís e Tempo". O seu último poemario, "Liña divisoria" está pendente de publicación sen data.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xohana Torres, Real Academia Galega, Méndez Ferrín, Francisco Fernández del Riego...