Localizan unha nova muralla no castelo de Meira

Protexía a torre de homenaxe e atópase ben conservada

11/12/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

A torre de Meira. Foto: Árbore Arqueoloxía

Unha nova intervención arqueolóxica na Torre de Meira (Moaña) revelou a existencia dunha muralla que defende especificamente a torre da homenaxe desta fortaleza baixomedieval que está a ser intervida nos últimos anos. O director da intervención arqueolóxica, Benito Vilas, sinalou que a torre cingue o outeiro no que estaba asentada a torre do homenaxe, algo que non figura nas hipóteses iniciais da intervención. A estrutura defensiva foi localizada na procura da subida orixinal á torre desde o patio de armas da fortaleza, e parece estar ben conservada. A torre de Meira dispuña tamén dunha muralla perimetral que cinguía un perímetro máis amplo.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Castelo, Moaña

Claves

Conceptos
Lugares