As narrativas contemporáneas debátense na Coruña

A Asociación de Escritoras e escritores reúne no Congreso de Narrativas ao sistema literario

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
As narrativas contemporáneas debátense na Coruña

O Centro Ágora da Coruña acollerá este vindeiro sábado durante todo o día nun encontro a case vinte voces do sistema literario e cultural actual para unha reflexión sobre os temas que preocupan aos creadores da literatura. O Congreso de Narrativas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega presenta catro mesas que reunirán case a vinte creadores de todo tipo de literatura e variedade de idades e perspectivas e incluso de formatos transversais. Nomes como Ismael Ramos, Xavier Queipo, Berta Davila, Álvaro Gago, Lara Dopazo, Xabier Paz, Xurxo Borrazás, Santiago Jaureguizar, Sica Romero, Fabio Rivas, Alba Guzmán, Marica Campo, Érica Esmorís ou Fina Casalderrey, entre outros; entrarán a reflexionar sobre as principais cuestións que arrodean hoxe en día o feito literario xeral e o galego en particular. A asistencia será libre e gratuíta. As persoas interesadas deberán anotarse até o mércores, 11 de decembro, no correo electrónico: oficina@aelg.org.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito