A Casa do Cabido na compostelá Praza de PraterÃas acolle a exposición "Compostela a Lupa. Manuel Chicharro Bisi entre dous aniversarios 1849-1924", unha homenaxe ao fotógrafo Manuel Chicharro e o seu fillo Luis Chicharro. Co apelido de Chicharro identificase a unha saga de fotógrafos composteláns que marcaron unha época na cidade. O fundador foi Manuel Chicharro Bisi (1849-1924), que foi o primeiro gran retratista, non so da xente de Santiago de Compostela, senón tamén das súas rúas. Asà foi que editou o primeiro álbum galego de fotografÃa monumental ('Compostela Monumental', 1884). Grazas ao labor dos comisarios da exposición Carlos Castelao e Rubén MartÃnez, que dixitalizaron en alta calidade mais de duascentas placas fotográficas de vidro seleccionadas do Fondo Chicharro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (pertencente ao Fondo Histórico do CSIC), organizouse esta mostra a través de catro eixos nas diferentes salas da Casa do Cabido: Actos e autoridades, Santiago Intra muros, Santiago Extra muros e Máis alá de Santiago. Esta selección de temáticas e pezas permite ao visitante mergullarse no percorrido destes ilustres fotógrafos, ao mesmo tempo que se insire, cunha imaxinaria lupa, nunhas imaxes que ofrecen tanto elementos de patrimonio desaparecido como detalles históricos nunca vistos.
A exposición foi organizada polo Consorcio de Santiago en colaboración co Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia) con motivo dun dobre aniversario, xa que se cumpren 175 e 100 anos, respectivamente, do nacemento e falecemento do ilustre fotógrafo Manuel Chicharro Bisi. A mostra, con acceso de balde, está aberta en horario de martes a sábados de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h e domingos de 11:00 h a 14:00 h. Segundo explican desde o Consorcio da cidade, Manuel Chicharro dominou a escena santiaguesa desde finais da década de 1870 ata mediados da década de 1910. En Santiago tivo, ao longo da súa carreira, dous estudos abertos: o primeiro no número 34 da rúa Nova (1877 a 1907) e o segundo no 27 da rúa do Vilar (desde 1907). Neste negocio traballarÃa toda a súa familia, tanto el como a súa muller, Francisca Robelo, e os seus fillos, Consuelo, Elisa, Lola, Manuel, e, quen continuarÃa a saga, Luis Chicharro Robelo (1886-1962). Este quedou ao fronte do estudio desde 1917. Estivo aberto ata os anos 30, cando pasou a dirixir os talleres de fotogravado de El Correo Gallego, onde se xubilou. Del destacan as imaxes do desenvolvemento dos novos barrios composteláns, especialmente do Ensanche, e a súa mestrÃa coa seguinte xeración de fotogravadores e reporteiros gráficos.