Unha exposición reúne en Compostela 300 pezas do fotógrafo Ksado

A Casa do Cabido acolle o proxecto ata o vindeiro 30 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Unha exposición reúne en Compostela 300 pezas do fotógrafo Ksado

Santiago de Compostela homenaxea o histórico fotógrafo Ksado. Desde o pasado 18 de xullo e ata o 30 de novembro, a Casa do Cabido acolle a exposición Ksado. Iconas de Galicia, que fai un repaso pola produción de Luís Casado, que pasou a historia da fotografía galega como Ksado.

A mostra, comisariada polo fotohistoriador Carlos Castelao e o profesor Rubén Martínez, aborda os diferentes ámbitos de traballo do protagonista, a incluír desde fotografía clásica de estudio ata postais comerciais ilustradas. Na mesma pódense ver pezas como fotografías, postais promocionais, cromos e material fotográfico orixinal, a incluír unha cámara do propio Ksado, na que supón unha das aproximacións máis ambiciosas á súa figura realizadas polo momento.

Ksado, logo de aprender o oficio en Ourense, abriu en Santiago de Compostela o seu primeiro estudio fotográfico, que despois trasladaría a Vigo. Na súa etapa na cidade retratou múltiples monumentos e espazos urbanos, a contribuír a fixar a imaxe monumental da capital galega.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Herdeiros de Ksado

Herdeiros de Ksado

A Deputación da Coruña publica na rede os traballos gañadores do Premio Ksado de Fotografía 2010

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Santiago de Compostela, Castelao, Vigo...

Claves

Protagonistas
Conceptos