A Academia Galega do Audiovisual outorgou e entregou o XIIIº Premio José Sellier a CIMA, Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales, en recoñecemento pola súa "fundamentada denuncia da desigualdade de xénero, discriminación e falta de oportunidades para as mulleres no sector audiovisual e o seu incesante labor a prol do incremento e visibilización do papel das profesionais da industria, favorecendo unha maior representación das mulleres tanto nas pantallas como nos equipos." O Premio José Sellier, promovido pola AGA co apoio do Concello da Coruña, recoñece o labor de iniciativas relevantes para o sector audiovisual galego.
CIMA, fundada en 2006, é unha asociación profesional que traballa para promover a igualdade de xénero no sector audiovisual. Desde a súa fundación realizou numerosas campañas para denunciar a desigualdade das mulleres na industria cinematográfica e televisiva. Conta cunha sede central en Madrid e delegacións territoriais en Galicia, Andalucía, Cataluña, Valencia, Canarias, Baleares e Navarra. A delegación territorial de Galicia foi a primeira en ser constituída, aló polo 2009 e, na actualidade está formada por 59 socias. O galardón foi recollido por Nati Juncal, delegada en Galicia de CIMA, quen estivo acompañada por Elena G. Román, subdelegada, e Marta Villar, ex-delegada da asociación. A entrega do trofeo correu a cargo de Alfredo Sellier, descendente do cineasta que dá nome ao premio. No evento tamén participaron o Concelleiro de Cultura e Turismo da Coruña, Gonzalo Castro, e o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra.