Narón estrea feira de literatura e arte

A primeira edición deste evento que reúne creadores de Ferrolterra dá comezo hoxe

A proposta foi presentada pola concelleira de Feiras, Mar Gómez, acompañada pola escritora Isabel Ramos, integrante do Gaf Ferrol (Grupo de Autores de Ferrolterra)
A proposta foi presentada pola concelleira de Feiras, Mar Gómez, acompañada pola escritora Isabel Ramos, integrante do Gaf Ferrol (Grupo de Autores de Ferrolterra)
Narón estrea esta fin de semana unha novo proposta de actividade cultural coa a Iª Feira de Literatura e Arte, que se celebra hoxe venres e mañá no pavillón da Mocidade, na Gándara. O Concello participa deste evento impulsado desde o Grupo de Autores de Ferrolterra (GAF). Postos de librarías , de autores e de ilustradoras e outros artistas estarán presentes cunha programación que inclñue charlas con autores, actividades infantís que comeza ás 12:00 deste mediodía coa lectura do pregón de apertura a cargo do xornalista Ramón Loureiro. Estarán presentes no recinto as librarías Nova, Albatros e Pasapáxina, as asociacións Narart e AGER (Asociación Galega de Escritores), artistas, escritores e escritoras.

Do ámbito literario, participarán na convocatoria os escritores e escritoras Rober H.L. Cagiao, Sabela Cagiao, Miguel Cárdenas, Miguel Castro, Manuel Díaz, Xosé Fernández, Manuel Fuentes, David Gago, Juan Galán, Soraya García, Clara Goas, Sara González, Juan Lada, Ramón Loureiro, Eva Luna, Ana Julia Martínez, Ismael Martínez, Magali R. Mátar, Nuria Matías, María Jesús Millarengo, Mar Muñiz, Reyes Pérez, Álex Pernas, Cova PL., Sonia Ramallo, Isabel Ramos, Javier Regueira, Carolina Rodríguez, Arantxa Serantes, John Sullivan, José Ángel Varela, Clara Ventura e Raquel Villanueva. No parte da arte participarán pintoras e pintores como Dulce Anca, Paco Carmona, Santiago Canzobre, Rafa Climent, Sol Lamas, Katy Martín e Crisanto Poveda; artistas como Saila Chao (ilustradora), Silvia Díaz (deseño e creación), Fernando Eiroa (carbón details, Mon Novo (urbansketching) e outros profesionais como Diana Coira (yoga bowspring), Margaret Vilas (zumba e Benestar) estarán tamén presentes neste evento.