Nunha das súas primeiras accións, a nova Asociación Galega de Escritores promove nos concellos de Narón e Ferrol dúas xornadas de literatura na rúa os sábados 6 de 13 de abril, pensadas para achegar novos autores e autoras aos lectores. Os eventos contarán coa colaboración das librarías Central Librera Real, Central Librera Dolores, Libraría Day, Libraría Paxapaxina e Libraría Albatros. En total serán vinte os autores que se achegarán eses días aos actos previstos. A primeira cita terá lugar este vindeiro sábado 6 de abril, en Ferrol, entre as 10:30 e as 13:30 horas, en dous lugares diferentes: fronte á Central Librera Real e na Central Librera Dolores. Nesa xornada pasarán a presentar a as súas obras os autores Isabel Ramos Breijo, Rocío M. Bouzón, Teresa Cameselle, Jose Ángel Varela e Micaela Barbeito, David Gago, Andra Micc, Óscar Vázquez Lima e María Nieto.
O proxecto 'Literatura na Rúa' continuará o seu devir o sábado 13 de abril en Narón cos mesmo horarios na Libraría Day e na Libraría Paxapaxina e Libraría Albatros da localidade, contado cos escritores Roberto Cagiao, Miguel Gacio, Andrea Micc e Óscar Vázquez Lima na primeira, mentres que Clara Ventura e Arantxa Serantes estarán en Pasapaxina e na Libraría Albatros as sinaturas correrán a cargo de Sabela Cagiao, Antonio Tenerife, Xosé Fernández e Juan Galán. A Asociación Galega de escritores nace en 2023 co obxectivo de dar acubillo, asesoramento e unha contorna de traballo común aos escritores e escritoras galegos que escriben en galego, castelán ou ambas linguas, e posicionarse como interlocutora coas institucións e empresas vencelladas ao sector. Dende entón ven traballando na creación de circuítos literarios propios e proxectos divulgativos e formativos. Na actualidade conta con máis de 79 asociados.