Castro Caldelas abre o Museo de Arte Sacra

O espazo alberga 115 pezas reunidas das dependencias relixiosas dos seus 95 núcleos de poboación

O espazo alberga 115 pezas reunidas das dependencias relixiosas dos seus 95 núcleos de poboación
O Concello de Castro Caldelas ven de inaugurar o seu tan agardado Museo de Arte Sacra, no que reúne pezas e documentos pertencentes aos diferentes santuarios, capelas e dependencias eclesiásticas do seu seus 95 núcleos de poboación. A apertura dá boa fin a un proxecto que ven de lonxe, case vinte anos, e que comezou a enxergarse coa cesión en 2021 ao concello, previamente denegada, da igrexa de Santa Isabel en Cimadevila por parte do bispado de Ourense. O novo museo da Ribeira Sacra ourensá, iniciativa do historiador Manuel Carrete, reúne neste espazo restaurado coa axuda da Xunta e a Deputación Provincial , unha colección de 115 pezas que inclúe reliquias da época romana, obxectos e vestimentas litúrxicas, reliquias e restos pétreos do mosteiro de San Xoán de Camba, segundo detalla o xornal La Región na súa cobertura da inauguración. O medio ourensán tamén destaca que o recinto ofrece unha parte dedicada á relación coa lingua galega na que, entre outros documentos , amósase o Foro do Bo Burgo de 1228, e obras de Vicente Risco, Bastián Martínez Risco e Casado Nieto, primeiro tradutor da Biblia ao galego tras do Concilio Vaticano II.