Un total de 153 pezas de arte sacra e obxectos litúrxicos procedentes de, polo menos, dezaoito roubos levados a cabo nas provincias de Ourense e Pontevedra forman parte do balance das operacións 'Cinquecento' e 'Templo Sacro' levadas a cabo polas Unidades Orgánicas de PolicÃa Xudicial de Ourense e Pontevedra . Tallas e figuras roubadas no Irixo (Ourense), en Tomiño ( Pontevedra), Rioboo (Ourense) e San Amaro ( Ourense) foron xa identificadas.O material foi incautado nos 11 rexistros realizados en diferentes vivendas e locais de ambas as provincias e grazas a iso recuperáronse 117 obras de arte sacra dos séculos XVI, XVII e XVIII, 21 ornamentos litúrxicos e efectos eucarÃsticos, 3 misais do século XVII, 7 casullas eclesiásticas, e incautáronse 5 armas históricas. AÃnda se descoñece o valor do total de pezas recuperadas pero dúas peritos da área de Patrimonio Histórico da Xunta de Galicia e dous sacerdotes da Diocese de Santiago de Compostela e de Ourense xa traballan na súa valoración, fichaxe e catalogación.
Nove das pezas xa foron identificadas. En concreto: Un sagrario de madeira, unha talla de San Antonio e unha talla do Neno Xesús do século XVII subtraÃdos da igrexa de Santa Baia de Reádegos, no Irixo (Ourense), o pasado 7 de setembro; unha talla de San Roque subtraÃda da igrexa de San Martiño de Currás, en Tomiño (Pontevedra), o pasado 29 de xullo; un cristo con cruz de madeiro e un misal romano de 1738 subtraÃdos no Pazo dos Temes, en Rioboó (Ourense), o pasado 8 de xullo; un San Bieito do século XVII e un peto da Virxe do Carme subtraÃdos na igrexa de San Roque de Salamonde, en San Amaro (Ourense), o pasado 13 de febreiro e unha Virxe do Carme da Escola Castelá, moi singular e valorada en máis de 30.000 euros. En total, detiveronse 8 persoas e ao grupo impútanselle 18 roubos con forza en diversas igrexas, pazos e vivendas das provincias de Ourense e Pontevedra, “sen descartarse a posibilidade de que se produciron máis roubos noutros puntos do norte de Portugal”, segundo o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones.