Defensa confirma que non retirará o Arquivo Militar de Ferrol

Os fondos custodian importantes documentos da guerra civil e da posguerra

21/11/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O ministerio de Defensa confirmou onte pola tarde que os fondos do Arquivo Intermedio Militar non se retirarán da súa sede ferrolán, segundo informa La Voz de Galicia. Pola súa banda, a Delegación do Goberno confirmou a Nós Diario que "non está previsto, tal e como se sostén desde algúns ámbitos, que haxa ningún tipo de movemento". A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática valorou de xeito "moi positivo" a confirmación do ministerio de Defensa que estes valiosos fondos, nos que figuran as actas vinculadas á represión franquista e outros materiais vinculados á memoria histórica e a Segunda Guerra Mundial.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guerra, Memoria Histórica, Guerra Civil, Segunda Guerra Mundial...