Unha parte significativa dos fontos do Arquivo Militar de Ferrol poderÃan ser trasladados a Madrid, segundo informa La Voz de Galicia. A partir da consulta de diferentes fontes, o xornal informa de que unha empresa de mudanzas estivo desprazada no Arquivo Intermedio Militar do Noroeste para elaborar un orzamento de traslado da documentación das causas xudiciais dos tribunais militares do Noroeste cara Madrid. No Arquivo Intermedio Militar atópase un importante volume de fondos vinculados non só ao exército, senón á represión franquista, as causas contra a guerrilla galega ou da espionaxe dos servizos secretos aliados e alemáns durante a II Guerra Mundial. Desde a dirección do Arquivo Militar de Ferrol ou o Ministerio de Defensa non confirmaron nin desmentiron esta intención. O BNG levou onte ao Congreso dos Deputados peticións para que o ministerio de Defensa desista do traslado de parte dos fondos desde Arquivo Militar.