Inxección económica para salvar a OSG

O concello concederá un crédito suplementario de 660.000 euros para cubrir as contas da Sinfónica este ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

A complicada situación económica da Orquestra Sinfónica de Galicia, que está a crear preocupación mesmo entre os seus membros ven de superarse no curto prazo. Segundo avanza o xornal La Voz de Galicia os grupos municipais do PSdG-PSOE e BNG acordaron que o Concello conceda un suplemento de crédito de 660.000 euros destinado á xestión das actividades da agrupación orquestral. Este montante irá destinado ao pago de alugueiros, contratación de solistas e a cubrir as subas salariais derivadas do incremento do IPC. A situación do Consorcio para a Promoción da Música mantense aínda pendente de maiores pasos para a súa estabilización económica, o que depende non só do goberno local, senón tamén da Xunta de Galicia.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con OSG, Orquestra Sinfónica de Galicia, PSOE, La Voz de Galicia...