O Premio de Poesía Pérez Parallé descobre ao poeta Roberto X. Hermida

O poemario 'Pequena vida salvaxe' gañou nesta 37ª edición do certame

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaLingua
Compartir:
Roberto X. Hermida

Roberto X. Hermida

De entre os 66 textos presentados ao XXXVII Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé o xurado decantouse pola obra 'Pequena vida salvaxe', primeira incursión na poesía do biólogo e escritor Roberto X. Hermida. O xurado do certame, convocado polo Círculo Mercantil e Industrial - Unidade de Fene, fallou a favor desta obra novel, requisito das bases deste concurso enfocada ao descubrimento de nova voces poéticas. Roberto X. Hermida é doutor en bioloxía, especializado nos morcegos, naceu en Vilagarcía de Arousa e medrou entre As Pontes de García Rodríguez, Herbón e Santiago de Compostela. O premio supón unha dotación de 3.000 euros e a publicación da obra por Espiral Maior. O autor recibirá o premio o vindeiro día 23 de novembro.

Que che parece esta nova?
108 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Espiral Maior, Fene, As Pontes...