Vigo acolle a Festa do Libro portugués

Celebrarase entre o 15 e 16 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Vigo acolle a Festa do Libro portugués

O Camões Centro Cultural Português de Vigo organiza a vindeira fin de semana, 15 e 16 de novembro, o FLIPo24, a Festa do Livro (em) Português 2024, que se celebrará nas instalacións do centro, e que reúne venda de libros como mesas redondas, presentacións e debates. O evento reúne librarías, editoriais e a Cátedra Internacional José Saramago da Universidade de Vigo. Deste xeito, haberá unha conferencia sobre Burghard Baltrusch sobre "José Saramago e a revolución" o venres, e o sábado presentarase Uma história pequena da Galiza rural (1939-1982), de Alba Díaz Geada, editada por Através Editora. Tamén haberá, entre outras actividades, un debate ao redor de Luís de Camões.


Programa do evento

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A hora da apertura

A hora da apertura

O portugués afianzará a súa presenza en Galicia da man do Instituto Camões

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugués, Universidade de Vigo

Claves

Conceptos
Lugares