O Instituto Camões abre en Vigo o Centro de Lingua Portuguesa, que programa o seu primeiro curso

Portugués para Vigo

“Venha aprender português connosco” é o lema co que o novo Centro de Lingua Portuguesa do Instituto Camões dá a coñecer en Vigo o seu primeiro curso deste idioma. O novo centro, que se presentou onte en sociedade, desenvolverá unha serie de iniciativas para dar a coñecer este idioma. Para comezar programa este curso de iniciación que quere ensinarlle aos vigueses a saudar e entenderse en situacións básicas na lingua de Camões.

Máis información no web do instituto Camões