Bala, Boyanka Kostova, Grande Amore, mariagrep, Mondra, Ortiga, Sabela, The Rapants e Triángulo de Amor Bizarro actuarán o vindeiro martes, 12 de novembro, ás 19:00 horas na Sala Inn da Coruña nun evento solidario para recadar fondos para as persoas afectada pola DANA en Valencia. O sector musical galego únese deste xeito á iniciativa SOM VALÈNCIA, promovida desde dentro da industria musical por todo tipo de axentes do sector no Estado. Esta iniciativa realizarase en localidades de toda España na vindeira semana e a de Coruña será a que reunirá a representación galega grazas á colaboración destes artistas e da sala que os acolle. As entradas están venda a través da plataforma DICE, que non cobrará comisión para garantir que todo o diñeiro doado a través das entradas, a un prezo de 18 euros, chegue ao seu destino, integramente, á Fundación Horta Sud, una organización con máis de 50 años de actividade dedicada a promover a asociación entre persoas e fortalecer o tecido cultural e social xustamente nos municipios afectados pola catástrofe.