Vigo terá o seu mercado de arte contemporánea

Do 13 ao 15 de decembro o Auditorio Mar de Vigo acollerá a primeira edición desta feira de arte contemporánea

7/11/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

'Vigo Arte Contemporánea, VARCO' é o nome que terá este novo encontro que se celebrará do 13 ao 15 de decembro no vestíbulo do Auditorio Mar de Vigo coa participación de 30 artistas tanto emerxentes como cunha traxectoria consolidada. Durante os tres días que dura o evento haberá a oportunidade de entrar en contacto cos 30 artistas participantes e de adquirir directamente a súa obra en cada un dos postos. Fundamentalmente haberá artistas galegos e maiormente de Vigo, ademais dun artista estranxeiro, Ricardo Campos en representación de Portugal como país invitado desta primeira convocatoria. A listaxe completa xa está dispoñible. A iniciativa está comisariada por Eva López Tarrío e conta no comité organizador con Tatiana Lameiro, Noa Blanco e Alba Crispín. Durante a cita desenvolveranse obradoiros, conferencias e concertos en directo, entre outros actos.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Auditorio Mar de Vigo, Feira, Portugal

Claves

Conceptos
Lugares