A Pontenova dálle unha segunda oportunidade á Ferraría de Bogo

Este ben patrimonial será musealizado e acollerá apartamentos turísticos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Ferrería do Bogo. Fonte: Turismo de A Pontenova

Ferrería do Bogo. Fonte: Turismo de A Pontenova

Este venres 25 de outubro o Concello da Pontenova oficializaba a adquisición da Ferraría de Bogo. Esta construción preindustrial datada no século XVI está na actualidade en ruínas, e a intención do goberno local é restaurala e musealizala, ademais de dedicar parte do complexo a apartamentos turísticos.

A adquisición realizouse mediante un préstamo sen intereses da Xunta de 150.000 euros, e o Concello ten por diante un investimento aproximado de 2 millóns de euros para desenvolver o proxecto de rehabilitación. Esta antiga fábrica xa vira un proxecto de rehabilitación en 1993 da man da Xunta. Desde aquela, no entanto, o complexo quedou sen uso e sufriu de novo a ruína.

A intención do Concello é solicitar a declaración como Ben de Interese Cultural deste elemento. Aínda que o primeiro rexistro sobre a factoría é do século XVI, os restos da edificación actual datan do século XVIII. A ferraría estivo en activo ata finais do século XIX.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural

Claves