Fina Casalderrey, candidata por cuarta vez ao premio Astrid Lindgren

Os resultados coñeceranse o 1 de abril de 2025

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Fina Casalderrey / Foto: web da autora

Fina Casalderrey / Foto: web da autora

O premio Astrid Lingren é un dos galardóns máis prestixiosos a nivel mundial no ámbito da literatura infantil. Fina Casalderrey acaba de ser nominada como candidata de España, canda a ilustradora Elena Odriozola, para este premio. Será a cuarta vez que a escritora pontevedresa sexa candidata a este premio no que se presentan autores, ilustradores, animadores da lectura e contacontos. Os resultados deste premio, convocado polo goberno sueco, coñeceranse o 1 de abril de 2025. Casalderrey competirá cun total de 265 candidatos de todo o mundo. O premio Lingren está dotado con cinco millóns de coroas suecas, é dicir, máis de 430.000 euros.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fina Casalderrey, Literatura, Narración oral

Claves

Protagonistas