A celebración en Pontevedra nos anos 2025 e 2026 dos galardóns audiovisuais nacionais Premios Feroz e a programación relacionada con eles custará 800.000 euros (máis IVE) cada ano á arcas municipais. Asà queda consignado no convenio asinado onte polo Concello coa Asociación de Informadores Cinematográficos de España, organizadores dos galardóns. O convenio por dous anos cubrirá, ademais da organización da gala do 25 de xaneiro, toda a programación relacionada cos Premios Feroz, incluÃndo as diferentes proxeccións, obradoiros e actividades que se organizarán ao redor do evento; unha programación que xa está en marcha.
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, explicou en rolda de prensa que a celebración destes galardóns en Pontevedra está xa conseguir unha repercusión mediática para a cidade: "A través dun estudo que manexamos, feito pola empresa Onclusive, os resultados de promoción están a ser espectaculares. Para empezar, podemos dicir que a rolda de prensa realizada no pasado mes de maio tivo unha repercusión mediática e publicitaria estimada en máis dun millón de euros. Atendendo a cifras de edicións pasadas, a gala celebrada en Zaragoza contou cunha repercusión deste tipo valorada en máis de 57 millóns de euros", asegurou o rexedor..